martes, 21 de outubro de 2014

De achuchón!

Hoxe estréome nesto dos blogs é como non sei por onde comezar, direi só o que para min significa ACHUCHA EDUCA.
Son a pequena de catro irmáns e sempre lle botei a culpa ou o mérito a iso para describirme como unha mimeliña, unha persoa que sempre busca un mimiño, un bo ACHUCHÓN. Cando me decidín a facer unha carreira universitaria buscaba (dentro das dispoñibles na UNED) algo relacionado coa educación, algo co que convertirme nunha persoa mellor. Así embarquei na aventura da EDUCACIÓN SOCIAL, por iso achucha EDUCA.
Co nacemento da miña primeira filla naceu A CHUCHA, por as dúas chuchiñas que encheron de calor e agarimo á miña nena. O aleitamento cambiou a miña vida xa antes de dar a luz, dende que estaba de catro meses, cando as primeiras pinguiñas de ouro marcaron a miña roupa e a miña persoa. Así comecei a formarme, a ler, a investigar e abraiarme con ese novo mundo descoñecido, do que ata entón tan pouco sabía. E nun suspiro a miña meniña deixou de pedir a chuchi, ou como dicía ela "a cuqui" pola que chamara durante case vinteún meses.
Cinco mesiños despois chegou un novo embarazo e nestas decateime de que tería que achuchar o dobre, porque ademais da miña filla, habería un bebé que tamén querría mimiños da mamá. Con esas descubrín o mundo do achuchón constante, o porteo, da man da web de Red Canguro, abríronse ante min as portas do ceo, achuchar a miña filla maior mentres a pequena mamaba é achuchaba as súas chuchis. Era todo un sentimento de amor, de liberdade e ledicia.
Mentres todo isto ocorría pilloume o tren do Plan Bolonia e seguín na miña viaxe da educación social, aprendendo cousas novas sobre a educación familiar, a educación para a saúde, a educación ambiental, emocional e ata a educación por proxectos.
Sego todavía neste camiño, se cadra este sexa o meu derradeiro ano para me converter en graduada en Educación Social e quen sabe se tamén en asesora en lactancia, pero sexa como sexa, hoxe comeza esta aventura do blog no que será benvida toda persoa que queira axuda ou compaña coa que compartir experiencias de educación, lactancia, porteo, crianza ou o que se preste para poder seguir aprendendo e medrando cada día xuntos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario